Mónica García, sobre Muface: "As aseguradoras decidiron que os asegurados non son rendibles"
Mónica García, sobre Muface: "As aseguradoras decidiron que os asegurados non son rendibles"
O novo convenio cubrirá subirá a prima un 33,5 % para o período de tres anos, pasando de 1.032,12 euros na actualidade a 1.262,28 en 2027
Negou que o 2 % dos mutualistas vaian "estoupar" o Sistema Nacional de Saúde
A ministra de Sanidade, Mónica García, sinalou que a falta de acordo entre as aseguradoras privadas de Saúde e o Goberno sobre o convenio de Muface débese a que "as aseguradoras decidiron que os asegurados non son rendibles".
"Muface acabará como queiran as aseguradoras que acabe, porque son as aseguradoras as que facendo números decidiron que os mutualistas de Muface non lles son rendibles", sinalou nunha entrevista a RNE.
O Goberno decidiu ampliar ata o 27 de xaneiro o prazo para que as aseguradoras se presenten á licitación para prestar asistencia sanitaria aos funcionarios mutualistas de Muface. O novo convenio cubrirá os anos 2025, 2026 e 2027 e subirá a prima un 33,5 % para o período de tres anos, pasando de 1.032,12 euros na actualidade a 1.262,28 en 2027.
Engadiu que o Ministerio de Función Pública está a facer todos os esforzos para que non queden abandonados. A súa mensaxe desde o Ministerio de Sanidade é que a cidadanía manteña a calma, porque sempre terán a opción da sanidade pública. García sinalou tamén que a Atención Primaria podería beneficiar a moitos dos pacientes maiores, pluripatolóxicos e crónicos aos que as aseguradoras non queren atender.
Por outra banda, negou que o 2 % dos mutualistas vaian "estoupar" o Sistema Nacional de Saúde. "As comunidades que teñen unhas listas de espera de nove meses non van aumentar por un 2 % máis de poboación nelas", aclarou.