Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conmoción en Zas, onde naceu o home acoitelado mortalmente en Palencia polo fillo de 15 anos

Conmoción en Zas, onde naceu o home acoitelado mortalmente en Palencia polo fillo de 15 anos

A vítima marchara da aldea de Castro sendo mozo, hai máis de dúas décadas, para traballar como albanel

G24.gal 13/01/2025 14:33

Consternación entre a veciñanza do concello de Zas. Na aldea de Castro, en San Cremenzo de Pazos, naceu hai 55 anos José Manuel Villar, o home acoitelado mortalmente este sábado en Palencia polo seu fillo de 15 anos.

A vítima marchou de aí cando era un mozo, hai máis de dúas décadas, para traballar como albanel, e acabou facendo a súa vida en Palencia. Pero na casa onde se criou ten parte da súa familia, unha irmá e un sobriño aos que visitaba cada ano.

Na aldea non entenden que puido pasara quilómetros de distancia, na rúa de Palencia, onde vive o presunto asasino coa súa nai e exmuller do falecido.

Segundo o relato das testemuñas, o home mantiña unha discusión con ela e coa súa parella actual, que o adolescente viu desde unha fiestra.

Saíu da casa cun coitelo de cociña e matouno. O falecido tiña numerosas feridas de arma branca á altura do pescozo e os servizos de emerxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O presunto agresor foi detido e trasladado en custodia a un hospital. Á espera de pasar a disposición xudicial, pola súa idade, 15 anos, vanlle aplicar a lei do menor.

A vítima tivera unha orde de afastamento da súa exmuller e nai do adolescente, que xa non estaba vixente. A familia confirmou que será incinerado en Palencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade