Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o mozo que acoitelou a súa nai nas Neves

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o mozo que acoitelou a súa nai nas Neves

O mozo, de 20 anos, que chegou ao xulgado pasadas as nove da mañá acolleuse ao seu dereito a non prestar declaración

G24.gal 27/09/2024 13:05 Última actualización 27/09/2024 14:41

Prisión provisional comunicada e sen fianza por un delito de homicidio ou asasinato, que se definirá ao longo da instrucón. Isto é o que decretou o titular do xulgado de Instrución número 1 de Ponteareas para o mozo que matou a coiteladas a súa nai na noite deste mércores no concello pontevedrés das Neves.

O mozo, de 20 anos, que chegou ao xulgado pasadas as nove da mañá acolleuse ao seu dereito a non prestar declaración.

A media mañá de onte xa se desprecintou a casa familiar do barrio nevense do Couto en Rubiós, lugar en que ocorreu o crime na noite do mércores onde tamén foi detido o fillo menor da vítima. A muller xa está sendo velada no Tanatorio do Condado e será soterrada ás catro e media da tarde no camposanto de San Xoán Bautista de Rubiós. Irene Rodríguez de sesenta ano tiña outro fillo de 24 e vivía tamén canda a nai de 81que coidaba grazas a unha excedencia laboral en Correos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade