O PSOE e o PP apostan pola revalorización das pensións por camiños diverxentes
O PSOE e o PP apostan pola revalorización das pensións por camiños diverxentes
As número dous do PSOE e do PP reivindican esa suba entre reproches mutuos
Tamén coinciden en acusar a parte contraria da "utilización" da cidadanía
Desde Sevilla, a vicepresidenta do Goberno e líder dos socialistas andaluces, María Jesús Montero, salientou que a aposta do Partido Popular foi un non claro á revalorización das pensións, pero asegurou que si haberá suba finalmente. Sobre a votación do PP en contra do decreto-ómnibus, explicou cales foron as causas.
"Para inflixir só e exclusivamente un derrota electoral no Congreso dos Deputados utilizando como reféns a xente, os seus intereses, a súa capacidade de avance, a súa capacidade de mellorar. Porque este Goberno, dígovolo, vai revalorizar as pensións, claro que si", asegura finalmente María Jesús Montero.
A número dous do PP, Cuca Gamarra, pediulle a Pedro Sánchez que "non sexa trileiro" e que aprobe por decreto lei a revalorización das pensións e as axudas para vítimas da DINA e para o trasporte público. Pero reafirmou o non ante outros temas que ían no decreto-ómnibus, desde a suba de impostos ata a suposta protección de okupas.
"Ten o voto do Partido Popular para a validación de reais decretos que impliquen a revalorización das pensións, esa gratuidade e esas axudas para os usuarios do transporte público e que impliquen as axudas aos afectados pola DINA. Pero ao que lle dixemos que non é a utilizar os españois como escudos de protección política", conclúe Gamarra.