Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección española estrélase contra o muro serbio

A selección española estrélase contra o muro serbio

Empate sen goles na estrea da última campioa de Europa na fase de grupos da Liga das Nacións

G24.gal 05/09/2024 22:16

A campioa de Europa, a selección española, non puido continuar coa xeira vitoriosa e empatou sen goles en Serbia no primeiro partido da fase de grupos da Liga das Nacións. O equipo serbio resultou un muro infranqueable que non puido superar a dianteira española liderada por Yamal, Nico Williams e Ayoze, que entrou no lugar de Morata. 

O primeiro tempo foi de moito dominio de balón español, case o 75 %, pero sen moitas oportunidades. De feito, a mellor opción tívoa Luka Jovic, pero o seu remate nunha inmellorable posición diante de Raya marchou desviado. 

España comezou ambiciosa a segunda metade con remates de Carvajal e Fabián no cuarto de hora inicial. Pasaban os minutos e volvía o muro defensivo de Serbia, que puideron derrubar Grimaldo e Yamal no minuto setenta cunha dobre oportunidade moi clara. 

De La Fuente empregou todos os trocos con xogadores de ataque, incluído o de Silleda Joselu Mato, pero non houbo maneira de desfacer o empate inicial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar