Publicador de contidos
Publicador de contidos

A suba do euríbor vai supor un incremento do que pagamos polas hipotecas

A suba do euríbor vai supor un incremento do que pagamos polas hipotecas

O euríbor está no 0,4 %, a cifra máis alta dende 2014

Pode supor un incremento duns 600 euros máis ao ano para unha hipoteca media

G24.gal 02/06/2022 14:32

O euríbor, o indicador que máis se usa en España para calcular as hipotecas, sobe hoxe ata o 0,4 por cento, a cifra máis alta en case oito anos. As subas van seguir nos próximos meses

Iso supón que as familias que acaban de revisar a súa hipoteca xa pagan máis e tamén pagamos máis por un préstamo bancario. E peor o van ter os que revisen o crédito da vivenda nos próximos meses. As subas no recibo serán maiores porque o Banco Central Europeo xa avanzou que continuará subindo o prezo dos cartos. 

Sobe a cesta da compra, soben os combustibles... E ten toda a pinta que máis pronto que tarde van subir os tipos de xuro. E iso ten unha repercusión inmediata nos nosos petos. Unha hipoteca pode supoñer ata seiscentos euros máis ao ano.

A suba dos tipos de xuro é inevitable. Estamos nun momento de incerteza económica. E coa inflación desbocada, os expertos non ven outra saída para atallar a suba dos prezos.

E ante isto que podemos facer? Sobre todo, din os analistas, non endebedarse máis. E os que poidan, cambiar as hipotecas variables a fixas. Poden supor un maior custo a curto prazo pero evitarán sustos se os tipos de xuro, igual que fai agora a inflación, se desbocan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade