A toniña desaparecerá das augas galegas en 20 anos polo impacto das actividades humanas
A toniña desaparecerá das augas galegas en 20 anos polo impacto das actividades humanas
A CEMMA pon en marcha este ano o programa Phocoenando para sensibilizar sobre a situación da toniña
Esta subespecie está en perigo de extinción desde hai ano e medio
A Coordinadora para os Mamíferos Mariños, con sede en Nigrán, celebra o seu trinta aniversario poñendo o foco na situación de extrema gravidade da Phocoena phocoena ou toniña, unha subespecie da marsopa europea que ten a súa maior poboación en augas galego-portuguesas.
Un animal esquivo e fuxidío, ao contrario do que os arroaces ou os golfiños, moi sensible á contaminación, á sobrepesca ou ao actual cambio climático.
Moi descoñecida entre a poboación e mesmo para os mariñeiros, a CEMMA vai dedicar o ano 2023 a sensibilizar da súa situación estrema. Desde hai ano e medio figura na listaxe de especies en perigo de extinción.
Cetáceos, tartarugas e lobos mariños víronse moi afectados este inverno polos temporais e o aumento do número de varamentos foi espectacular en Galicia.