Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE adopta o décimo paquete de sancións contra Rusia

A UE adopta o décimo paquete de sancións contra Rusia

Mantense o veto á exportación de tecnoloxía de uso militar e sanciónanse empresas iranianas que proporcionan drons a Moscova 

Os Vintesete chegaron a un acordo Os Vintesete chegaron a un acordo "in extremis" nas últimas horas
G24.gal 25/02/2023 12:55 Última actualización 25/02/2023 13:25

A Unión Europea adoptou este sábado o décimo paquete de sancións contra Rusia. Os vinte e sete chegaron a un acordo este venres in extremis que foi referendado esta mesma mañá.

O novo paquete de sancións inclúe, entre outras cousas, un veto á exportación de tecnoloxía de uso militar e medidas restritivas contra persoas e entidades que apoien a guerra.

Este décimo paquete de represalias contra o Kremlin sanciona sete empresas iranianas vinculadas á Garda Revolucionaria que fabrican os drons que Teherán está dando a Moscova para bombardear Ucraína.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, congratulábase do acordo nas súas redes sociais.

"Agora temos as maiores sancións nunca impostas, que esgotan o arsenal de guerra de Rusia e erosionan profundamente a súa economía".

As sancións serán publicadas nas próximas horas no Diario Oficial da Unión Europea.

Tamén o alto representante de Asuntos Exteriores da UE, Josep Borrell, celebrou nas súas redes sociais o novo paquete de sancións adoptado polos Vintesete. Segundo explicou, o bloque "segue comprometido na súa determinación para facer mella na máquina de guerra de Rusia".

As sancións serán publicadas nas próximas horas no Diario Oficial da UE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade