Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acordo político na UE para dar a Ucraína 500 millóns máis en apoio militar

Acordo político na UE para dar a Ucraína 500 millóns máis en apoio militar

Os 27 aproban a súa nova estratexia para gañar autonomía en defensa

O obxectivo é preparar mellor a UE ante posibles conflitos bélicos en territorio europeo

G24.gal 21/03/2022 19:40

Os ministros de Exteriores e Defensa da Unión Europea aprobaron a nova estratexia de defensa coa que a UE quere gañar en autonomía para converterse nun provedor de seguridade internacional, investindo máis e de xeito máis coordinado nas distintas capacidades. 

Presentada polo alto representante comunitario para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, en novembro pasado, o documento, coñecido como 'Brúxula Estratéxica', tivo que ser modificado mentres o negociaban os 27 para ter en conta o efecto da invasión rusa de Ucraína e preparar mellor a UE ante acontecementos como unha guerra en territorio europeo. 

Os ministros acordaron engadir outros 500 millóns máis para Ucraína en apoio militar, elevando a un total de mil millóns de euros a súa aportación para a defensa deste país no conflito creado por mor da invasión de Rusia.

Ese orzamento do acordo político parte do Fondo Europeo en Apoio á Paz (FEAP) e aínda terá que formalizarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade