Cargando resultados...
A UE esixe aos actores en conflito en Oriente Próximo que non ataquen instalacións nucleares
A UE esixe aos actores en conflito en Oriente Próximo que non ataquen instalacións nucleares
O alto representante da UE para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, pide frear a escalada bélica
G24.gal
03/10/2024 14:20
O alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores pídelles a Israel e a Irán que freen a escalada bélica. Advirte do desastre que podería supor atacar instalacións nucleares.
Sobre a violencia na zona, Josep Borrel explicou que "aínda non estamos plenamente nunha guerra. Afortunadamente aínda non, pero estamos cerca. O número de baixas civís é xa absolutamente esaxerado con respecto ao que podería ser unha operación contra unha organización terrorista, pero afortunadamente non estamos aínda nunha guerra total que involucre a confrontación directa e expresa coas potencias da zona. Esperemos que non suceda".