Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE impón as primeiras sancións a Irán por dar a Rusia mísiles balísticos contra Ucraína

A UE impón as primeiras sancións a Irán por dar a Rusia mísiles balísticos contra Ucraína

Á lista de sancionados inclúe sete persoas e sete entidades 

G24.gal 14/10/2024 13:30

O Consello da Unión Europea (UE) aprobou este luns as primeiras sancións contra Irán por enviar mísiles balísticos a Rusia para que os utilizase na invasión de Ucraína.

Os ministros comunitarios de Exteriores aprobaron en concreto medidas restritivas contra sete persoas e sete entidades iranianas, indicou nun comunicado o Consello da UE.

As novas sancións aprobadas hoxe afectan a persoas e entidades responsables do desenvolvemento e a transferencia de drons, mísiles e tecnoloxía a Rusia para dar apoio á súa guerra de agresión contra Ucraína, así como a grupos armados e entidades que socavan a paz e a seguridade en Oriente Medio e a rexión do Mar Vermello.

A lista de sancionados incluíronse tres aeroliñas iranianas, dúas empresas de adquisicións e dúas compañías dedicadas á produción de propulsores para o lanzamento de foguetes e mísiles.

Entre as persoas sancionadas destaca o viceministro de Defensa de Irán, Seyed Hamzeh Ghalandari, amais de destacados funcionarios de unidades e empresas asociadas ao Corpo da Garda Revolucionaria Islámica.

Tamén se sancionou aos directores xerais das empresas Iran Aircraft Manufacturing Industries (HESA) e Aerospace Industries Organization (AIO), que cotizan na UE.

A estas persoas conxelaránselles os seus activos e prohibiráselles viaxar á Unión Europea, mentres que se prohibirá a provisión de fondos ou recursos económicos, directa ou indirectamente, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos enumerados, ou no seu beneficio.

En setembro pasado, a UE xa condenou firmemente que Irán transferise mísiles balísticos a Rusia, algo que considerou entón como unha ameaza directa á seguridade europea e unha escalada material substantiva na guerra de agresión de Rusia contra Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade