A UE non recoñece a vitoria electoral de Maduro nin a de Edmundo González
A UE non recoñece a vitoria electoral de Maduro nin a de Edmundo González
Os ministros de Exteriores non chegaron a un acordo para impoñerlle sancións ao chavismo por fraude
A Unión Europea non recoñece a vitoria electoral de Nicolás Maduro en Venezuela, pero tampouco a do candidato opositor.
Edmundo González interviu telemáticamente no cumio informal de Exteriores que se celebrou en Bruxelas. Tras escoitalo, os ministros europeos non chegaron a un acordo para recoñecer o seu triunfo.
Tampouco houbo consenso en impoñer sancións ao chavismo por fraude electoral , tal e como pedía España, que dá por perdida a esperanza de que Maduro faga públicas as actas de votación.
Os ministros de Exteriores dos 27 coincidiron en sinalar que a situción en Venezuela é crítica pola deterioración do clima político e a falta de transparencia no país.