Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xefa da Policía Local de Ourense activa o protocolo antiacoso do Concello

A xefa da Policía Local de Ourense activa o protocolo antiacoso do Concello

Jácome publicou nas súas redes sociais sentenciando que "os paxaros disparan ás escopetas"

Concello de Ourense Concello de Ourense
G24.gal 03/06/2022 19:59

Unha denuncia presentada a nivel interno pola xefa da Policía Local de Ourense, María Barrera, obrigou a activar o protocolo antiacoso do Concello. Foi o concelleiro de Ciudadanos, José Araújo, quen desvelou a existencia desta denuncia no transcurso do pleno e que aínda non foi confirmado oficialmente polo Goberno local.

Na celebración do pleno, Araújo comentou a denuncia presentada por Barrera contra o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, por un presunto caso de acoso ao seu labor como funcionaria. 

Jácome difundiu nas súas redes que, aínda que "por sorte, non todos", no consistorio hai "algúns funcionarios que simplemente non a rascan e/ou queren tomar decisións políticas e, cando finalmente os pos no seu sitio, a súa única e feble defensa é alegar acoso"

Posteriormente publicou outra mensaxe en que falaba do caso e sentenciaba: "Os paxaros disparando ás escopetas".

Previamente no pleno, Jácome, que se ausentou durante máis dunha hora do mesmo, deixara claro que calquera traballador "ten a liberdade" de denunciar o que considere oportuno, aínda que introducindo o matiz de que iso non significa que teña base e que sexa certo.

Nunha nova crítica cara ao colectivo funcionarial, puxo tamén en dúbida determinadas baixas laborais por problemas de saúde: "Nós poñemos en prácticas as nosas políticas e moitos recursos que lles quedan a algúns funcionarios é facer iso, denunciar por acoso ou coller unha baixa ou o que sexa". Ademais, asegurou que deu parte á mutua para que investigue "ese tipo de baixas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade