A xogadora checa Julie Pospíšilová, nova incorporación do Baxi Ferrol
A xogadora checa Julie Pospíšilová, nova incorporación do Baxi Ferrol
Lino López: "Julie é unha xogadora nova que afrontará a súa primeira experiencia profesional e ten moitas ganas de crecer"
A xogadora checa Julie Pospíšilová, xogará a próxima tempada nas filas do BAXI Ferrol despois de chegar á un acordo co club departamental. A xogadora, que o día 20 de xuño cumprirá 24 anos e mide 1.82 metros, procede da Universidade de Wisconsin, na que xogou as catro últimas campañas, promediando este ano 14.1 puntos, 5 rebotes e 4,2 asistencias.
Antes de iniciar a súa etapa universitaria en Estados Unidos, Julie debutou na Euroliga, con Praga, cando tiña 19 anos. A deportista checa pode actuar en varias posicións e foi internacional en todas as categorías do seu país, incluíndo a selección absoluta coa que debutou o pasado ano.
O adestrador do equipo ferrolán, Lino López, fala sobre a nova incorporación do cadro departamental:
“Julie é unha xogadora nova que afrontará a súa primeira experiencia profesional e ten moitas ganas de crecer. Ela é moi polivalente, entende moi ben o xogo e ten unha gran capacidade de pase e facer mellores ás compañeiras. Polas súas características e mentalidade seguro que se adaptará moi pronto ao xogo do equipo”.
Julie Pospíšilová, nueva jugadora del BAXI Ferrol 2023-24.
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) June 6, 2023
La jugadora checa se incorpora al proyecto ferrolano tras completar una destacada etapa universitaria en Wisconsin.
Con muchas ganas de disfrutar juntos @Julpospisilova
+info: https://t.co/NSHCLfj92A#ContamosContigo pic.twitter.com/kV8FqaC9x6
Desta forma, coa fichaxe de Julie Pospíšilová, o equipo xa dispón de nove xogadoras tras anunciar a continuidade de Claudia Soriano, Jessica Féquière, Marta Gómez, Marianne Kalin e Ángela Mataix, así como as fichaxes de Gala Mestres, Rachel Howard e Anniina Äijänen.