Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol segue facendo historia en Eurocopa tras arrasar co Castors Braine

O Baxi Ferrol segue facendo historia en Eurocopa tras arrasar co Castors Braine

O próximo rival será o Aluivent DVTK Miskolc de Hungría, ao que recibirá na Malata o 9 de xaneiro

Foto Baxi Ferrol Foto Baxi Ferrol
G24.gal 20/12/2024 10:40 Última actualización 20/12/2024 10:45

O Baxi Ferrol confirmou este xoves a súa clasificación para a seguinte rolda na Eurocopa de baloncesto feminino tras vencer con claridade en Bélxica (75-97) ao Royal Castors Braine, ao que xa superou a pasada semana na Malata por 25 puntos (83-58).

O conxunto preparado por Lino López arrincou o duelo cunha rotunda diferenza no electrónico grazas a un parcial de 10-25, que reduciu substancialmente o cadro belga co 28-30 do segundo período, polo que ao descanso as ferrolás marcháronse a vestiarios cun 38-55 ao seu favor.

Pese ao obxectivo de reter esa contundente vantaxe, as locais adxudicáronse o terceiro segmento cun parcial de 24-17, pero o 13-25 do último período foi decisivo para o triunfo universitario.

Julie Pospisilova, con 21 puntos, foi a máxima anotadora do Baxi Ferrol, que xa coñece ao seu seguinte rival no torneo continental, o Aluivent DVTK Miskolc de Hungría, ao que recibirá na Malata o 9 de xaneiro e ao cal visitará unha semana máis tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade