Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuíza pídelle á UCO que investigue a relación de David Sánchez cun exasesor da Moncloa

A xuíza pídelle á UCO que investigue a relación de David Sánchez cun exasesor da Moncloa

A Deputación de Badaxoz descoñece por que as memorias de actividade de David Sánchez están asinadas a man e non dixitalmente

G24.gal 14/02/2025 14:50

A xuíza que investiga o irmán do presidente pídelle agora á UCO que indague na súa relación con Luis Carrero. Foi asesor da Moncloa ata finais de 2013, momento en que pasou a ser contratado tamén pola Deputación de Badaxoz. Para a maxistrada, resulta "moi sospeitoso" que este colaborase profesionalmente con David Sánchez, como demostran correos intervidos, antes incluso de ocupar o posto en Estremadura, cando aínda traballaba para o Goberno central.

Nas últimas horas, a Deputación de Badaxoz tamén respondeu ás dilixencias da xuíza. O organismo di que non sabe porque as memorias de actividade de David Sánchez están asinadas á man, e non electronicamente. O xefe de área asegura que as recibiu así dous días antes de que este renunciase ao posto.

Óscar López, ministro de Transformación Dixital e Función Pública, cre que "hai unha campaña de loiadas e fango intolerable montada pola ultradereita". Apunta que, detrás destas denuncias á contorna de Pedro Sánchez, están Manos Limpias, Hazter Oír, e "todo o censo de organizacións ultradereitistas deste país". "Dende logo, hai unha campaña de acoso e derruba", conclúe o socialista.

Por esta razón, o PSOE propón unha reforma legal que limite a acusación popular. Para o PP, os socialistas só perseguen o arquivo das causas abertas ao irmán e á muller de Pedro Sánchez. Segundo Miguel Tellado, "o PSOE fai apoloxía da corrupción, non só non a condena nin a persegue, senón que trata de ocultala, trata de impedir as investigacións xudiciais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade