Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta abre o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP

A Xunta abre o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP

Convócanse un total de 108 axudas

Poderase presentar a solicitude ata o 19 de setembro

Das 108 bolsas, 60 son para ciclos de FP Dual, onde na formación práctica colaboran 25 empresas galegas

G24.gal 19/08/2023 14:25 Última actualización 19/08/2023 14:41

Mozos e mozas viñeron da Arxentina, Venezuela, O Uruguai, ou O Brasil para realizar estudos de Formación Profesional en Galicia. Participaron na experiencia piloto do programa Retorna Talento FP, da Xunta. Acadaron unha das bolsas ofertadas, dirixidas a que a mocidade galega do exterior poida realizar estudos de FP, que lles permitan mellorar a súa cualificación, favorecer a inserción laboral  e volver á súa terra de orixe. 

"É unha oportunidade insubstituíble, que xa lle recomendo a todos os que poidan".

"Sempre pensei en volver e emigrar, buscar unha vida acá e cando saíu esta oportunidade dixen non a podo deixar pasar, é agora".

"Foime gustando e creo que vou quedar aquí traballando disto", din algún deles.

A Xunta abriu este sábado o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as novas bolsas. Poderán facelo ata o 19 de setembro. Convócanse un total de 108 axudas.

"Desas 108 prazas, 60 son para ciclos de FP Dual a distancia, a formación teórica recibirana nos seus países de orixe e a formación práctica vanas facer en empresas galegas, en 25 empresas galegas, unha modalidade que procura favorecer a inserción laboral dos titulados, e que poidan desenvolver o seu traballo nos sectores produtivos de Galicia", destaca Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades.

 A Xunta destina case un millón de euros a esta iniciativa, que se enmarca na Estratexia Galicia Retorna, coa que o Goberno galego quere promover o regreso de 30.000 galegos que viven fóra da nosa comunidade ata o 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade