Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta buscará pechar acordos coa FEGAMP sobre educación e urxencias

A Xunta buscará pechar acordos coa FEGAMP sobre educación e urxencias

A executivo autonómico manterá unha xuntanza o luns coa Federación Galega de Municipios e Provincias

A directora xeral de Administración Local asegura que o principal é definir competencias e calcular custos

G24.gal 15/04/2023 11:01 Última actualización 15/04/2023 12:28

A directora xeral de Administración Local da Xunta, Natalia Prieto, asegura nunha entrevista na Radio Galega que o obxectivo da xuntanza que terán este luns 17 de abril coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) é iniciar as negociacións para intentar pechar un acordo de financiamento acaído das competencias compartidas entre ambas as dúas administracións.

Segundo afirmou no Galicia por diante fin de semana, hai tres eidos nos que buscan chegar a consenso neste ano. En concreto, en materia de centros docentes, emerxencias e sanidade. 

"É certo que ao cen por cento de asuntos seguramente non esteamos de acordo pero intentaremos chegar ao maior número de acordos que poidamos. A partir de aquí traballaremos cun horizonte de chegar este ano a acordar en cada un dos sectores máis conflitivos, no ámbito docente, no ámbito sanitario e no ámbito das emerxencias para que poidamos mellorar o noso sistema de financiamento".  

Segundo Prieto, o importante é "chegar a acordos sobre as competencias que asumimos cada unha das administracións públicas", así como "canto custan os servizos públicos que asumimos cada administración e intentar -pouco a pouco- mellorar o sistema de financiamento que temos nestes momentos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos