Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta cre que os prazos para reconstruír os viadutos da A-6 son "inverosímiles"

A Xunta cre que os prazos para reconstruír os viadutos da A-6 son "inverosímiles"

“Os galegos sabemos sumar dous máis dous”, di a conselleira Ethel Vázquez

G24.gal 03/03/2023 16:30 Última actualización 03/03/2023 16:53

Os prazos para a reapertura do viaduto da A-6 que hai que restaurar segue sendo motivo de disputa entre as administracións autonómica e central. A conselleira de Infraestruturas, cre que é imposible que os dous sentidos estean listos en 2024. Ethel Vázquez considera que o ritmo dos traballos non acompaña o calendario previsto polo ministerio.

“Os galegos sabemos sumar dous máis dous”, dixo Ethel Vázquez, quen lembrou que os trámites para a reconstrución do viaduto en sentido A Coruña non “van pola vía de emerxencia”, poden “ir pola vía ordinaria” ou mesmo pola “vía de urxencia”, pero en calquera caso “é imposible” que as obras estean terminadas en 2024.

De feito, Ethel Vázquez dixo que o propio Ministerio comunicoulle á Xunta de Galicia que o viaduto en sentido A Coruña estaba “fóra das previsións a curto prazo”, que “non se ía tramitar pola vía de emerxencia”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade