Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta culpa o Goberno central do recurso contra a designación da Coruña como sede da AESIA

A Xunta culpa o Goberno central do recurso contra a designación da Coruña como sede da AESIA

Granada solicitaba a medida cautelar de suspender o procedemento polo que se designou a cidade herculina como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial

Inés Rey pediulle a Alfonso Rueda que defenda A Coruña ante esa decisión

G24.gal 01/07/2023 15:10 Última actualización 01/07/2023 16:04

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pedíalle onte a Alfonso Rueda que defenda A Coruña ante a decisión de Granada de solicitar a medida cautelar de suspender o procedemento polo que se designou a cidade herculina como sede da futura Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), un recurso que o Tribunal Supremo está estudando.

Desde a Xunta responden que a culpa é do Goberno central por non axustarse ao procedemento no proceso de selección e lembran que o procedemento xudicial foi iniciado polo goberno municipal socialista de Granada.

"A responsabilidade é única e exclusiva do Goberno e do grupo que soporta o Goberno, polo tanto, que agora se lle pidan responsabilidades ao presidente da Xunta de Galicia e á Xunta, que fixeron dilixentemente o seu traballo resulta cando menos abraiante. Hai que quitarlle importancia e simplemente enmárcoo nun contexto de nerviosismo preelectoral", destaca Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade