Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta e Enagás asinan o pacto para construír o hidroduto entre Guitiriz e Zamora

A Xunta e Enagás asinan o pacto para construír o hidroduto entre Guitiriz e Zamora

O custo da infraestrutura presupóstase en 250 millóns de euros e prevese que estea operativa no 2030

G24.gal 04/04/2023 14:29

A Xunta de Galicia e Enagás asinaron este martes en Guitiriz o Pacto pola enerxía que compromete a operadora líder no transporte de gas a construír o hidroduto de 318 quilómetros entre esta localidade luguesa e Zamora.

No seu discurso o xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, dixo que o obxectivo da empresa é que estea operativo no 2030.

O director executivo de Enagás, Arturo Gonzalo Aizpiri, cualificou este acordo de paso importante para que Galicia teñan un "papel central no panorama europeo do hidróxeno verde" e lembrou que este hidroduto será un eixo clave na conexión da península co H2Med, o primeiro gran corredor de hidróxeno europeo.

O custo do hidroduto será de 250 millóns de euros. A empresa agarda que este ano sexa recoñecido pola Unión Europea como Proxecto de Interese Común, captar axudas e que estea operativo no 2030, segundo explicou o presidente da Xunta. Alfonso Rueda di que este é un paso máis na transición enerxética en que Galicia quere estar na cabeceira.

"Queremos combinar respecto ambiental con planificación económica e enerxética. Pódese e débese facer. Non podemos deixar pasar oportunidades históricas para Galicia, que outros aproveitarán se nós as deixamos pasar", defendeu Rueda.

Coa sinatura de hoxe Enagás entra como empresa tractora da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, que xa conta con dez empresas e asociacións que representan máis de 700 entidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade