A Xunta insta o Goberno a sumarse ao pacto de Estado por Ferrol
O vicepresidente segundo lembra que levan 7 meses agardando
Francisco Conde insta o Goberno a aproveitar os fondos europeos para revitalizar o tecido empresarial de Ferrolterra.
O vicepresidente económico da Xunta estivo hoxe cos sindicatos e con organizacións empresariais da comarca. Conde aposta por diversificar a actividade, e puxo como exemplo o desenvolvemento das iniciativas relacionadas coa enerxía eólica mariña.
Reclamou máis carga de traballo para Navantia e chamou ao esforzo conxunto de todas as administracións para atraer investimentos a Ferrolterra.
Conde considera "imprescindible que ese pacto de Estado conte co traballo conxunto de todas as administracións e, nese sentido, é certo que estamos esperando desde hai 7 meses a que o Goberno de España se sume a este pacto e haxa un compromiso con esta comarca para abordar retos de futuro".