A Xunta non ampliará as restricións, á espera da Conferencia de Presidentes
A Xunta non ampliará as restricións, á espera da Conferencia de Presidentes
Rueda agarda que se hai medidas sexan "de modo coordinado" entre todas as comunidades autónomas.
O vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, indicou este luns que esperarán á Conferencia de Presidentes do mércores antes de tomar novas medidas, pois confiou en que se hai restricións sexan "de modo coordinado" entre todas as comunidades autónomas.
En declaracións aos xornalistas na Coruña, Rueda agradeceu que "por fin" o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, se deu conta de que “ten que haber unha coordinación entre as comunidades autónomas”.
Neste sentido, considerou que se se toman medidas, debe facerse de modo "uniforme" en todo o país, polo que esperarán a ver "que sae desta reunión, que ten que ser algo máis que unha foto".
Así, celebrou que o Goberno "reapareza" ante a "gravidade da situación".
Ademais, remarcou que esta semana é "decisiva" e que seguen analizando os datos de Galicia para observar a evolución da sexta onda.
Os hostaleiros galegos din que temen restricións cando estamos xa na propia semana das festas. Están expectantes pola reunión do mércores, porque se cambian as regras de xogo, afectaralles ás expectativas de negocio. O presidente do Clúster Galego de Turismo, Cesario Pardal, pediu que non se pechen os locais un día de Noiteboa: "A vida ten que seguir pero tomando sempre as precaucións necesarios", dixo.