Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta reclama "igualdade de oportunidades" na repartición dos fondos europeos

A Xunta reclama "igualdade de oportunidades" na repartición dos fondos europeos

O vicepresidente económico do goberno galego, Francisco Conde, insiste en que Galicia conta con grandes proxectos agardando polas axudas para "transformar o tecido industrial"

A Xunta considera que outras comunidades reciben un trato preferente na adxudicación dos fondos europeos de recuperación

G24.gal 19/02/2023 15:15 Última actualización 19/02/2023 15:41

Unha delegación da Eurocámara chega a Madrid a comezos da semana vindeira para fiscalizar o uso dos fondos europeos e a Comisión Europea acaba de anunciar un terceiro pagamento de seis mil millóns de euros. É o contexto no que o vicepresidente galego, Francisco Conde, reclama igualdade de oportunidades e mais atención aos proxectos que ten Galicia

"O único que lle estamos pedindo ao Goberno é igualade de oportunidades O Goberno está aplicando unha política concedendo axudas directas a determinadas comunidades autónomas como Asturias, Cataluña ou Valencia e, pola contra, outras comunidades autónomas estamos esperando para que haxa unha resposta".

As políticas industriais son competencia das comunidades autónomas e Conde lembra que Galicia ten unha "candidatura relevante" (así a cualifica) de proxectos que van desde a pequena e mediana empresa ata os plans tractores:

"O proxecto da planta de hidróxeno de Reganosa, o proxecto da fábrica de pneumáticos de Sentury ou, na provincia e Lugo, o proxecto de Altri de fabricación de téxtiles que poden ser esa oportunidade que estamos buscando para a transformación do noso tecido industrial".

O titular de Economía asegura que están abertos á plena colaboración co Goberno para que os fondos cheguen con axilidade ao ámbito empresarial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos