Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francisco Conde cualifica de improvisadas as medidas de aforro enerxético do Goberno

Francisco Conde cualifica de improvisadas as medidas de aforro enerxético do Goberno

O vicepresidente primeiro da Xunta di que deberían de adoptarse desde o diálogo e o consenso coas comunidades autónomas

G24.gal 02/08/2022 21:15

Dende a Xunta, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía e Industria considera que as medidas enerxéticas do Goberno deberían de adoptarse desde o diálogo e o consenso coas comunidades autónomas.

Francisco Conde cualificou as medidas de improvisadas, que non van beneficiar, dixo, o sistema produtivo.

"O Goberno debería tomar medidas vinculadas coa subministración, co prezo enerxético, vinculadas coa inflación e que polo tanto tivesen un impacto no noso tecido produtivo e que non puxesen en risco o emprego e sobre todo a actividade económica", afirmou Francisco Conde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos