Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta volve abrir a campaña de bonos con descontos para o pequeno comercio

A Xunta volve abrir a campaña de bonos con descontos para o pequeno comercio

Nesta edición invisten dous millóns e medio de euros, e contan con mobilizar 12 millóns en vendas

As tendas que queiran participar poden sumarse desde hoxe

G24.gal 16/04/2024 14:10

Nesta quinta edición agárdase  superar a cifra da anterior en que participaron 6.700 comercios en toda a comunidade.  Os establecementos interesados na iniciativa xa poden adherirse desde este martes. 

Prevese que coa posta en marcha do bono comercio se mobilicen uns doce millóns de euros en vendas nos establecementos de proximidade. 

Os bonos terán un formato dixital e poderán descargarse na páxina web a partir do 26 de abril. Cada persoa poderá empregar un único bono e poderán utilizado ata que se esgoten os dous millóns e medio de euros destinados polo goberno galego esta iniciativa.

Para as compras de 20 euros ou máis e as inferiores a 30 o desconto será de 5 euros. A rebaixa será de dez para as que van entre o 30 euros e os 50 e a partir desta cantidade o desconto acadará os 15 euros.

O ano pasado beneficiáronse do bono máis de 124.300 clientes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade