Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xustiza rexeita tamén a querela de Begoña Gómez contra o xuíz Peinado

A Xustiza rexeita tamén a querela de Begoña Gómez contra o xuíz Peinado

O TSXM xa rexeitou dúas querelas anteriores contra o instrutor da causa sobre a muller do presidente do Goberno

Pedro Sánchez expresa o seu "respecto e acatamento" a decisión pero di que ainda non a puido ler

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
G24.gal 23/10/2024 13:41 Última actualización 23/10/2024 13:51

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSXM) rexeitou estudar a querela que interpuxo Begoña Gómez, muller do presidente do Goberno, contra o xuíz que a investiga, Juan Carlos Peinado, por presunta prevaricación, como fixo coas dúas anteriores.

Os maxistrados, en liña co criterio da Fiscalía, entenden que non se aprecia "o indebido afastamento da norma que alega a querelante", segundo consta no auto.  

É a terceira querela presentada contra Peiteado que o TSXM desestima no último mes: a primeira foi a do comunicador Máximo Pradera; e a segunda, a do presidente do Goberno, Pedro Sánchez. 

Na querela, a defensa de Gómez aseguraba que o titular do Xulgado de Instrución Número 41 de Madrid trasladaría ás acusacións populares actuacións procesuais declaradas secretas e iso propiciaría que fosen publicadas por diferentes medios de comunicación.

Ao seu xuízo, dita actuación prexudicáralle gravemente, debido a que se divulgaron informacións e actuacións declaradas secretas mentres ela descoñecía todos os extremos da investigación, causándolle indefensión. "A pesar de ser a causa secreta era transmitida en directo polos medios de comunicación", sinalaba o seu avogado, Antonio Camacho.

A esposa do presidente do Goberno tamén apuntaba que o xuíz Peinado adoptara decisións xudiciais "arbitrarias e manifestamente inxustas" mediante a emisión de resolucións xudiciais ou adopción de decisións comunicadas de forma verbal.

Pedro Sánchez expresa o seu "respecto e acatamento" a decisión pero di que ainda non a puido ler

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, expresou este mércores o seu respecto e acatamento á decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Sánchez foi preguntado por esa decisión na rolda de prensa que ofreceu xunto ao primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, ao termo do cume hispano-portugués.

O xefe do Executivo limitouse a asegurar que non coñecía os termos da decisión porque non puido ler o texto.

Á espera de facelo asegurou que só podía expresar o seu respecto a esa decisión do TSJM, así como o seu acatamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade