Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza suspende o proxecto de explotación da mina de Muras

A xustiza suspende o proxecto de explotación da mina de Muras

A asociación Petón do Lobo pediu a paralización do proxecto pola proximidade de zonas protexidas

Imaxe de arquivo do IGME Imaxe de arquivo do IGME
G24.gal 15/06/2023 16:59 Última actualización 15/06/2023 17:28

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou acoller a pretensión da asociación Petón do Lobo de suspender de forma inmediata o proxecto de explotación e o plan de restauración da mina de Muras.

A asociación pediu a paralización do proxecto pola proximidade de zonas protexidas.

O tribunal subliña que o defensor autonómico “admite que aínda que o lugar onde se localiza o proxecto de ampliación da mina non figura dentro de espazos protexidos, a área de actuación das obras si que está moi próxima ao espazo protexido Serra do Xistral, da reserva da biosfera Terras do Miño, así como dun humidal, ao que engade que existen especies ameazadas de flora e fauna”.

“Non se pode pasar por alto que, tras admitir este informe a proximidade da explotación mineira con espazos ecosistémicos sensibles, terminou por concluír que non é previsible que o proxecto xere efectos significativos”, indica a sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo no auto.

No ditame lémbrase: "Ante a mera posibilidade de que se produza un dano irreparable ou de moi difícil ou incerta reparación, debe prevalecer a suspensión da execución da actividade que pode producir ese risco".

Contra o auto cabe interpoñer recurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar