Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ábalos non comenta "filtracións ou conxecturas" respecto á detención do seu exasesor

Ábalos non comenta "filtracións ou conxecturas" respecto á detención do seu exasesor

O PP pide a dimisión do exministro socialista e asegura que "empezamos a coñecer as verdadeiras razóns polas que Sánchez cesou a Ábalos"

O xuíz deixa en liberdade a Koldo García

José Luis Ábalos este xoves no Congreso (EFE/J.P. Gandul)
G24.gal 22/02/2024 12:02 Última actualización 22/02/2024 15:27

O exministro de Transportes José Luis Ábalos rexeitou este xoves comentar sobre o suposto cobro de comisións na compra de máscaras durante a pandemia por parte do seu exasesor Koldo García, por considerar que se trata de "filtracións ou conxecturas".

Tras asistir ao pleno do Congreso dos Deputados, Ábalos asegurou que non ía comentar sobre o caso porque “nesta fase suponse que estamos en reserva de sumario”.

“Polo tanto, se alguén ten acceso ao sumario, pois estupendo, pero entendo que son filtracións ou conxecturas”, subliñou.

A Garda Civil detivo este mércores a Koldo García e outras 20 persoasás que se investiga como socios dunha rede que durante os meses máis duros da pandemia cobraría comisións por adxudicacións fraudulentas de máscaras para algunhas administracións.

A voceira Pilar Alegría, insistiu este xoves en que o Goberno "non tiña ningunha constancia" e que van traballar e colaborar coa xustiza "dende o minuto un".

O PP esixe a dimisión de Ábalos e apunta a Sánchez

A secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, esixiu a dimisión como deputado do exministro socialista José Luis Ábalos e asegurou que o escándalo pola detención do seu exasesor alcanza o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao que acusa de coñecer a trama de cobranza fraudulenta de comisións.

Para Alberto Núñez Feijóo, "o presidente do Goberno, que sinalou a todo o mundo por casos arquivados en repetidas ocasións e que quedaron en nada, agora escóndese e embarra ante unha investigación aberta e gravísima".

Díaz ve "gravísimo" o caso

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, cualificou de "gravísimo" o suposto cobro de comisións ilegais pola compra de máscaras en pandemia, aínda que non pediu directamente explicacións ao PSOE por este caso.

En declaracións no corredor do Congreso, Díaz sinalou que todas as informacións que están a aparecer apuntan a que se trata dun caso de corrupción, algo "moi grave", dixo, "pero máis doloroso é que alguén se lucre cando o noso país estaba arrasado por unha pandemia e estaba a morrer xente".

Sobre se pediu explicacións á parte socialista do Executivo por estes feitos, limitouse a replicar que ten unha comunicación "fluída" no Goberno sobre todos os asuntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade