Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abascal culpa do resultado directamente o Partido Popular

Abascal culpa do resultado directamente o Partido Popular

O líder de Vox acusou a Feijóo de "branquear" a Pedro Sánchez

G24.gal 24/07/2023 00:34

O líder de Vox, Santiago Abascal, culpou directamente o Partido Popular do fracaso da suma de dereitas nas eleccións xerais deste domingo polo seu "branqueo" do Goberno de coalición liderado por Pedro Sánchez coas ofertas ao PSOE para que gobernase a lista máis votada ou a proposta de pactos de Estado.

Nunha comparecencia na sede nacional de Vox en Madrid, Abascal compareceu acompañado da plana maior do seu partido recoñecendo a "mala noticia" do escrutinio electoral, que dá a Sánchez a posibilidade de "bloquear" unha investidura ou mesmo gobernar "con apoio do comunismo, o golpismo separatista e os terroristas".

Abascal sinalou directamente a euforia preelectoral do PP do resultado e a "desmobilización" dos seus potenciais votantes, falando da súa futura composición do Goberno ou votando en contra das mocións de censura presentadas por Vox esta lexislatura. O líder de Vox engadiu ademais  que "estamos absolutamente preparados tanto para facer oposición como para unha repetición electoral".

Vox foi uhas das formacións que obtivo uns resultados conforme ao que indicaban as enquisas. É dicir, que ía baixar, aínda que tería a forza necesaria para apuntalar un novo goberno. Ao final perdeu case 20 escanos, pasando de 52 a 33. Para Abascal, produciuse nas últimas xornadas unha desmobilización do electorado de centrodereita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade