Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abel Losada, novo subdelegado do Goberno en Pontevedra

Abel Losada, novo subdelegado do Goberno en Pontevedra

É doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago e profesor de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Vigo

G24.gal 26/12/2023 21:56

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nomeou este martes a Abel Losada, edil do PSdeG-PSOE en Vigo, como novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra.

Losada (Ourense, 1964) substitúe no cargo a María Isabel Alonso, secretaria xeral desta subdelegación, que estaba á fronte en funcións tras a xubilación en xuño da anterior subdelegada, a pontevedresa Maica Larriba.

O novo subdelegado do Goberno en Pontevedra é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular de Historia e Institucións Económicas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

É especialista en demografía, economía da poboación e economía empresarial, área na que publicou numerosos artigos e estudos e pola que participou en congresos e seminarios, tanto nacionais como internacionais.

Foi deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2020, director xeneral de gabinete da Presidencia da Xunta de Galicia nos anos 2008 e 2009 e concelleiro en tres lexislaturas diferentes no Concello de Vigo, cargo que ocupaba na actualidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos