Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre en Vigo o primeiro cinema 4D de Galicia

Abre en Vigo o primeiro cinema 4D de Galicia

Os Gran Vía tamén teñen sala infantil con xogos e amplas cadeiras reclinables

Ocine Premium Gran Vía
G24.gal 24/02/2025 19:55 Última actualización 24/02/2025 20:27

Dúas mil persoas estrearon xa a pasada fin de semana os novos cinemas de Vigo.

Os vellos Gran Vía xestionados agora pola empresa española Ocine ofrecen a primeira sala 4D de Galicia onde podemos gozar dunha experiencia completa: con cadeiras que se moven, teito que orballa e sala que desprende arrecendo.

Son nove espaciosas salas con pouco máis que 700 cadeiras.

Hai unha sala infantil con xogos para gozar no descanso. E son envolvente en todas as salas.

Unha oportunidade especial de volver gozar do cinema en pantalla grande con propostas como Capitán América, Paddington Tres, Policán ou The Monkey.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade