Publicador de contidos

Publicador de contidos

Betanzos solicitará a declaración do seu Globo como Ben de Interese Cultural

Betanzos solicitará a declaración do seu Globo como Ben de Interese Cultural

Con esta declaración perséguese garantir a proteción patrimonial dos seus valores históricos e antropolóxicos

O Globo de San Roque O Globo de San Roque
G24.gal 24/02/2025 17:24 Última actualización 24/02/2025 17:46

O Goberno local de Betanzos vai solicitar a declaración do seu Globo como Ben de Interese Cultural. Queren que se recoñeza como patrimonio inmaterial de Galicia, porque entenden que o Globo de Betanzos é o principal atractivo das festas que se celebran en agosto na vila, e que ten un significado que transcende o ámbito local.

Esta peza de papel pesa uns 150 quilos e no seu interior reúne uns 2.300 metros cúbicos de aire. Sempre vai decorado cunha escena cómica relativa aos acontecementos do ano. Trátase dunha tradición que se remonta ao ano 1834.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos