Publicador de contidos
Publicador de contidos

O globo de Betanzos non alzará esta noite o voo en Betanzos

O globo de Betanzos non alzará esta noite o voo en Betanzos

Os betanceiros din que están tristes e indignados, pero confían en que se recupere a tradición o próximo ano

G24.gal 16/08/2023 14:35

En Betanzos este mércores honran a San Roque, pero este ano fano sen un dos seus emblemas. O globo de papel máis grande do mundo non vai voar esta noite como viña facendo cada 16 de agosto.

"Dá moita pena, moita pena". "Que non lancen o globo sentou moi mal en Betanzos", comentan os veciños.

É a primeira vez nos últimos 146 anos, salvo en ocasións moi puntuais e xustificadas, como aconteceu durante a pandemia, que se cancela este acto central das festas.

"Eu teño oitenta anos e xa o lanzaban cando eu era nena", di unha betanceira.

Un momento que, segundo contan, se vive con moita intensidade e moita ilusión, pero que este ano non van poder sentir.

"É moi emocionante... Miras a ver se sobe ou non...". "E despois ao día seguinte andas coa intriga de onde caeu". "A ver para o próximo ano", explican varios betanceiros.

En Betanzos confían en que no 2024 se recupere esta tradición para poder emocionarse de novo co lanzamento do aeróstato. Porén, para matar o bicho, está previsto que a asociación cultural Lar de Unta, proceda ao lanzamento dun globo de papel simbólico realizado nun obradoiro.

Será contra as once e media da noite, no adro de Santa María.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos