Máxima expectación ante a volta do globo de Betanzos polo San Roque
Máxima expectación ante a volta do globo de Betanzos polo San Roque
Calculan que unhas 50.000 persoas van ateigar a praza de Betanzos para velo engalar
O tradicional globo de papel de Betanzos vai volver sucar o ceo brigantino á medianoite.
Moitas ganas e expectación, entre locais e turistas, xa que as desavinzas do ano pasado entre o concello e a familia Pita, que o fabricaba tradicionalmente, fixeron que o globo non voara.
Unha tradición que se remonta a 1875, só interrompida anteriormente por causas de forza maior.
Calculan que unhas 50.000 persoas van ateigar a praza de Betanzos para velo engalar.
Un dispositivo municipal de seguridade de 50 persoas entre Policía Local, Protección Civil e voluntarios han velar para que todo saia segundo o previsto.
Xa de tarde, o ambiente era moi festivo na vila na que locía o sol, mentres se desenvolvía a función do voto, unha ofrenda que data de hai seis séculos e converte a estas festas nunhas das máis antigas de Galicia.