A mellor tortilla de Betanzos: a do Café de Segundo
A mellor tortilla de Betanzos: a do Café de Segundo
Ivan Quintáns quedou finalista o ano pasado e este fíxose co galardón entre as 19 candidaturas presentadas
Quilo e medio de patacas do país, unha ducia de ovos, aceite, sal e "cariño" son os ingredientes da receita gañadora
O único "truco" da receita é pochar a pataca unha vez fritida: baixarlle o lume e deixala que se faga un pouco
Superado e intentando asimilar a nova do premio, Iván Quintáns non parou de recibir esta mañá os parabéns dos seus clientes.
Á vez que fai e serve cafés canda a súa parella Sheila, Iván prende os fogóns ben cedo para elaborar a tortilla que o xurado do concurso da mellor tortilla de Betanzos considerou que era a mellor das 19 candidaturas presentadas este ano.
Unha receita sen estridencias, á maneira tradicional, con produto do país e un ingrediente fundamental: o cariño.
Non hai truco algún, a excepción dun toque persoal que Iván lle dá á pataca unha vez fritida: báixalle o lume déixaa pochar un anaco.
Iván leva desde os 15 anos traballando na hostalería. Hai 6 que abriu o Café de Segundo e, tras quedar finalistas o ano pasado no concurso, lograr o galardón nesta edición é un soño cumprido e agardan que un pulo importante para o negocio.