Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta abre o prazo para autorizar queimas agrícolas

A Xunta abre o prazo para autorizar queimas agrícolas

Pódense solicitar desde a páxina web habilitada ou a través do teléfono 012 

G24.gal 16/10/2024 15:44

A Xunta abre desde este mércores as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares en Galicia, tanto desde a páxina web habilitada como a través do teléfono 012 .

A comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación á data na que queira facerse a queima.

Como é habitual, no portal de Internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha "queima correspondente a palla ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras".

A maiores, tamén se retoman desde este mércores as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados.

Neste caso, como vén sendo habitual, fai falta contar con autorización administrativa, dado o maior risco da actuación.

Ademais, en días laborables, tamén está á disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

En todo caso, desde a Xunta lembran que tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos