Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a queima de colectores no conflito da folga do lixo da Coruña

Continúa a queima de colectores no conflito da folga do lixo da Coruña

O sindicato STL anuncia accións legais contra o Concello por vulnerar o dereito á folga

A empresa contratada para a limpeza retirou máis de duascentas toneladas de residuos

G24.gal 27/07/2024 13:52 Última actualización 27/07/2024 14:23

Na Coruña mantense a folga do lixo. En tres días a empresa contratada polo Concello tras decretar a emerxencia sanitaria retirou máis de duascentas toneladas de residuos.

O centro da cidade vai recuperando a normalidade, pero o lixo segue moi presente nos barrios periféricos. Tamén continúan os actos vandálicos.

A noite pasada os bombeiros realizaron seis intervencións relacionadas coa queima de colectores. Desde o inicio do conflito arderon preto de cento cincuenta, unha cifra que, traducida a cartos, rolda os 400.000 euros.

O dano económico é só unha das consecuencias da folga que comezou no San Xoán e continúa deixando unha realidade insalubre en moitos barrios.

Negociacións

As negociacións non avanzan. Prezero, concesionaria do servizo, non quere cederlle poder de contratación ao sindicato STL nin retirar o centenar de expedientes disciplinarios abertos a traballadores.

O sindicato maioritario anunciou accións legais contra o Concello da Coruña. Considera que a declaración de emerxencia sanitaria vulnera o dereito de folga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade