Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballadores dunha emblemática confeitería de Lugo reúnen sinaturas pedindo que reabra

Traballadores dunha emblemática confeitería de Lugo reúnen sinaturas pedindo que reabra

O peche débese a discrepancias entre as dúas familias propietarias

É unha das confeiterías máis antigas de Galicia

G24.gal 14/10/2024 14:09

Ver a confeitería Madarro coa reixa botada rómpelles o corazón aos empregados, que din que tiñan aquí a súa segunda casa.

"Dóeme moito. A xente, os doces, os traballadores, que somos unha familia".

Esta confeitería, con máis de 130 anos de historia, botou o peche por discrepancias entre as dúas familias propietarias. Era un referente en Lugo que agora os veciños botan en falta.

"As canas, a milfollas, todo de aquí era moi típico e bótase en falta".

"A xente páranos e dinnos que están dispostos a colaborar".

Os seus doce traballadores, agora en ERTE, recollen sinaturas para pedir que se reabra.

"Recollemos firmas en Internet baixo o nome Salvemos Madarro, e o día 21 de outubro estaremos na porta a partir das 12 recollendo sinaturas".

Hai empregadas con máis que 40 anos aquí, outras, as máis novas, xa viñan de nenas mercar doces.

"Eu levaba 44 anos, empecei sendo cativa".

"Viña con meus pais merendar, na miña casa as tortas sempre eran de aquí".

Agardan un acordo entre as familias propietarias que lles permita seguir adozando Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar