Cargando resultados...
O PSdeG solicita á Xunta a gratuidade das autoestradas de titularidade galega
O PSdeG solicita á Xunta a gratuidade das autoestradas de titularidade galega
José Ramón Gómez Besteiro insta o presidente da Xunta a liberar de peaxes a AG-55 e a AG-57
G24.gal
16/10/2024 15:12
O líder dos socialistas galegos celebrou este mércores que o Goberno central amplíe os descontos nas peaxes da AP-9. José Ramón Gómez Besteiro tamén instou a Xunta a que faga gratuítas as autoestradas de titularidade galega, a AG-55, que une Carballo coa Coruña, e a AG-57, de Vigo co Val Miñor.
Gómez Besteiro reclamoulle "coherencia" a Alfonso Rueda. "Se pedimos gratuidade para as autoestradas que son titularidade do Estado, tamén debemos ofrecer gratuidade dende aquí, o contrario é ser incoherente", asegurou nun acto en Caldas de Reis. O secretario xeral do PSdeG afeoulle á Xunta que non estableza bonificacións "para esas peaxes ao sol".