Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avogan pola volta dos Caneiros ás orixes como romaría familiar e sen estridencias

Avogan pola volta dos Caneiros ás orixes como romaría familiar e sen estridencias

Piragüistas e asociacións para a defensa do Mandeo e da ría piden poñerlles freo ás actitudes dos que van só de troula sen control

Imaxe do Mandeo, en Betanzos, este martes
G24.gal 27/08/2024 14:04

Piragüistas e asociacións para a defensa do Mandeo e da ría, avogan pola volta dos Caneiros ás súas orixes. Piden poñerlles freo ás actitudes dos que van só de troula sen control.

Quen coñecen ben como queda o leito e as ribeiras do Mandeo tras as concorridas xiras fluviais, chaman a atención sobre o lixo que acaba no río. Alfredo Lorenzana, socio do club de piragüismo de Betanzos di que os Caneiros agora "non teñen nada que ver co que eran hai quince ou vinte anos. Isto dexenerou moitísimo".

E mentres estamos entre piraguas, chega na súa José Manuel, que trae algún residuos dos Caneiros recollido do río. Pedímoslle que nos fale de como quedou:

"O ano pasado penso que quedou un pouco máis sucio que este ano. Pero, depende de como as mareas movan o lixo. E vaia, imos quitando un pouco o que podemos", afirma.

Este ano volveu repetirse o de botar viño e tamén inxestións excesivas de alcol. Factores que deslocen as características tradicionais de festa familiar.

"Este ano participei a pé cos meus dous fillos adolescentes. E menos mal que fun, por que si que se lea e léase ben... Si que se desvirtuou", di Manuel Encinas, socio do club de piragüistas. Ademais engade:: "Hai maneiras de recuperalo, porque hai asociacións que están detrás, de barcas tradicionais e xente que leva anos traballando por limpar o río e que isto volva ser o que foi".

Moitos, como Xulián, tamén lembran con nostalxia cando todo eran lanchas adornadas con familia festexando a bordo:

"Quen fai máis barullo é a rapazada que vai a pé, a xuventude que quere troula, facer por alí descontrol, tirar viño e...". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar