Abren os colexios electorais en Francia para unhas presidenciais decisivas
Abren os colexios electorais en Francia para unhas presidenciais decisivas
Emmanuel Macron e Le Pen están moi próximos nas sondaxes
Xornada electoral a deste domingo en Francia. O país celebra a primeira volta dos seus comicios presidenciais.
Ás oito da mañá abrían os centros de votación na Francia metropolitana. Case 49 millóns de franceses están convocados ás urnas. Doce candidatos enfróntanse nesta primeira volta e só dous loitarán pola presidencia de Francia o 24 de abril. Na práctica, os primeiros electores que depositaron o seu voto nas urnas fixérono o sábado en Saint Pierre et Miquelon, un arquipélago no Atlántico Norte fronte a Terra Nova. Logo tocoulles a quenda aos das Antillas, A Güiana e a Polinesia.
Os favoritos son o actual xefe de Estado, Emmanuel Macron, e a candidata da extrema dereita, Marine Le Pen. Todo fai pensar que serán os dous máis votados e pasarán á segunda volta do 24 de abril.
Nas últimas xornadas Le Pen logrou reducir de xeito progresivo a vantaxe que lle levaba Macron na intención de voto. As últimas enquisas divulgadas o venres danlle ao presidente unha vantaxe de entre dous e tres puntos nesta ocasión tanto na primeira coma na segunda volta.
Nos consulados estranxeiros tamén votan 1,8 millón de franceses inscritos. Unha das chaves da xornada está na porcentaxe da abstención que as previsións indican que será moi elevada.