Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macron gañaría as eleccións en Francia cun 55 % dos votos, conforme ás primeiras sondaxes

Macron gañaría as eleccións en Francia cun 55 % dos votos, conforme ás primeiras sondaxes

A participación nas presidenciais francesas cae ao 63,23 % ás 17:00, a menor desde 1969 e dous putos menos que hai quince días

A abstención situouse no 28 %, un 2,5 % máis ca en 2017

 

G24.gal 24/04/2022 09:00 Última actualización 17:20 24/04/2022

Macron gañaría nesta segunda volta das presidenciais con entre en 55 % e un 58 % de apoio dos electores, informa o xornal belga, La libre Belgique a partir de catro sondaxes a pé de urna elaborados por insitutos de opinión franceses.

A candidata da ultradereita, Marine Le Pen recibiría entre un 42 % e un 45 % dos votos, conforme o portal belga de noticias. Lembra iso sique os resultados son indicativos e poderían cambiar.

Todo por decidir, aínda que o favorito claro, conforme as enquisas, para continuar no Elisio á fronte de Francia, é o actual presidente Emmanuel Macron.

Unhas 70.000 mesas electorais abriron este domingo para a segunda volta dos comicios para elixir entre o candidato á reelección, Macron, e a candidata da ultradereita, Marine Le Pen.

Os datos a media tarde indican que baixa a participación dos votantes nas presidenciais. Ás 17:00 horas participou o 63,23 % do censo, cando só quedan dúas horas para que pechen os primeiros colexios. Son case dous puntos menos que na primeira volta de hai quince días.

Na segunda volta de 2017, cando se repetiu o duelo actual entre o liberal Macron e a ultradereitista Le Pen,  a participación foi do 65,30 % a esa mesma hora.

Case 49 millóns de franceses están chamados a designar quen será o inquilino do Elisio. Algo tamén parece seguro é que a extrema dereita de Marine Le Pen vai obter o mellor resultado da historia. É máis, o voto do non, o non ao claro favorito, e un non máis difuso ao sistema, que se manifesta na abstención ou o voto por outros candidatos radicais, congregou entre as dúas voltas unha maioría de franceses.

As primeiras estimacións demoscópicas divulgaranse contra as oito da tarde a partir do reconto de voto real, que comeza nunha serie de mesas consideradas representativas en todo o país.

As sondaxes apuntan a un triunfo do actual mandatario, aínda que cunha diferenza menor á que logrou en 2017, cando dobrou en sufraxios o seu rival. Agora as enquisas dan como gañador a Macron, con entre o 53,5 % e o 57,55 % dos votos, pero cun número de indecisos elevado.

Tamén se prevé unha abstención alta nuns comicios nos que Europa xoga o seu futuro. Agora entre a primeira e a segunda volta o presidente logrou ampliar o colchón da diferenza, xa que se implicou de cheo na campaña.

A candidata da ultradereita tamén xogou ao ataque, con duras acusacións ao plan de Macron de demorar ata os 65 anos a idade de xubilación e con críticas á súa actitude "arrogante". Presentouse como a voceira do pobo, defendeu as súas rebaixas de impostos aos carburantes e a un cento de produtos básicos para contrarrestar a inflación.

A distancia entre os dous candidatos, conforme ás enquisas, aumentou ata case quince puntos a favor de Macron tras a primeira volta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade