O plan Renove axuda a mercar coches de menos de 40.000 euros ao dar de baixa o antigo
O plan Renove axuda a mercar coches de menos de 40.000 euros ao dar de baixa o antigo
As axudas oscilarán entre os 3.000 e os 4.000 euros en función do tipo de vehículo
Entre 2.000 e 3.000 euros son achegados pola Xunta e 1.000 euros, polo concesionario
Chega a plan Renove da automoción. Dende este luns, xa se poden solicitar as axudas para cambiar un coche antigo por outro novo e menos contaminante. A Xunta vai destinar 2,5 millóns de euros, o triplo ca na anterior convocatoria.
Mediante este plan, os particulares con residencia en Galicia poderán comprar un único vehículo e as empresas e autónomos con domicilio social ou centro de traballo na comunidade poderán adquirir ata 10 unidades.
Será preciso que o comprador acredite a baixa definitiva dun vehículo para chatarra de polo menos 10 anos de antigüidade, no caso de turismos, e de 5 anos, nas furgonetas. As axudas oscilarán entre os 3.000 e os 4.000 euros en función do tipo de vehículo. Entre 2.000 e 3.000 euros son achegados pola Xunta e 1.000 euros polo concesionario.
No caso das familias numerosas, os apoios increméntanse nun 20 % adicional, ata alcanzar entre os 3.400 e os 4.600 euros.
As axudas son para mercar turismos ou furgonetas de menos de 40.000 euros, coa condición de dar de baixa un vehículo e deixalo para ferralla. O obxectivo e reducir as emisións de CO2 e apostar por vehículos enerxéticamente eficientes.