Publicador de contidos
Publicador de contidos

Absolven tres acusados dun intento de homicidio en Coles

Absolven tres acusados dun intento de homicidio en Coles

A Fiscalía pedía para eles seis anos de cárcere

Palacio de Xustiza de Ourense, sede da Audiencia Provincial Palacio de Xustiza de Ourense, sede da Audiencia Provincial
G24.gal 19/12/2024 16:06

A Audiencia Provincial de Ourense absolveu a tres acusados de disparar a un home en Coles en 2021, ao entender que non foi probado que o procesado o levase ata ese lugar para atentar contra a súa vida nin que dese a orde de dispararlle.

A sala non ve acreditado que un terceiro acusado fose o autor do disparo nin que estivese no lugar dos feitos. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o TSXG.

O tribunal cre que a vítima e un dos acusados baixaron do vehículo no que circulaban e que o afectado, “tras ver unha segunda persoa que ía armada, forcexou con ela, conseguindo fuxir e recibindo un disparo que lle deu na nádega dereita”.

Con todo, non ven probado que o procesado o levase ata alí para atentar contra a súa vida nin que dese a orde de dispararlle, así como que o pai deste investigado tivese participación algunha nestes feitos.

O suceso ocorreu en xaneiro de 2021, cando os acusados saíron de Monforte de Lemos en dirección ao concello ourensán de Coles, onde concertaran unha cita coa vítima con motivo, segundo o escrito fiscal, "de realizar algunha actividade ilícita derivada do tráfico de drogas".

A Fiscalía pedía para cada un dos acusados seis anos de prisión por un delito de homicidio en grao de tentativa e un ano máis por tenencia ilícita de armas así como o pago das custas procesuais. A acusación particular pedía a maiores o pago de 35.000 euros por dano moral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade