ACNUR di que xa hai máis dun millón de refuxiados pola guerra en Ucraína
ACNUR di que xa hai máis dun millón de refuxiados pola guerra en Ucraína
ACNUR di que a guerra en Ucraína pode provocar ata catro millóns de refuxiados
Ata o inicio da invasión rusa, ACNUR tiña rexistradas 53.000 solicitudes de asilo de cidadáns ucraínos e máis de 36.000 xa estaban en Europa
Oitavo día de guerra en Ucraína e o número de refuxiados xa supera o millón de persoas segundo afirma Filippo Grandi, do Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados (ACNUR).
"En só sete días asistimos ao éxodo dun millón de refuxiados de Ucraína cara aos países veciños", dixo Filippo Grandi esta mañá en Twitter. "Para moitos millóns máis, dentro de Ucraína, é hora de que as armas calen, para que se poida entregar axuda humanitaria que salva vidas".
Grandi avaliará a situación dos refuxiados durante a visita que vai realizar a Romanía, Moldavia e Polonia, tres dos países receptores, para garantir aos gobernos o apoio de ACNUR, segundo indicou el mesmo a través da rede social Twitter.
As the number of refugees from Ukraine who have fled to neighbouring countries reaches 875,000, I head to Romania on a visit that will take me also to Moldova and Poland in the next few days — to assess the situation of refugees and assure host governments of UNHCR’s support.
— Filippo Grandi (@FilippoGrandi) March 2, 2022
Máis da metade dos refuxiados foron a Polonia e uns milleiros xa chegaron a terceiros países, como a República Checa, onde existe unha importante comunidade ucraína.
Grandi asegura en Twitter que desde o xoves, data de inicio da invasión rusa de Ucraína, o número de refuxiados "medra exponencialmente, hora a hora" e que nos corenta anos que leva traballando cos refuxiados nunca viu "un crecemento tan rápido no éxodo da poboación".
"Ata que pare o conflito, os ucraínos seguirán fuxindo", di Grandi, quen reiterou as perspectivas de que esta crise poida provocar ata catro millóns de refuxiados.
Antes do inicio da guerra en Ucraínal, ACNUR tiña rexistrados 53.500 refuxiados e solicitantes de asilo de nacionalidade ucraína, dos cales 36.500 xa estaban en Europa.
Hoxe reúnense os ministros do Interior da Unión Europea para coordinar a acollida de refuxiados.
Ataques aos algúns inmigrantes que chegan a Polonia
A polonia non deixan de chegar inmigrantes, entre os que están menores que viaxan sos. O perigo esta agora nos ataques que se producen a algúns dos inmigrantes que agardan refuxio. Os ataques, segundo nos conta o xornalista Marcos Méndez, estánse poducindo especialmente aos inmigrantes de color ou doutras etnias que xa estaban residendo en Ucraína.