Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE acorda prohibir a venda de coches novos con motor de combustión en 2035

A UE acorda prohibir a venda de coches novos con motor de combustión en 2035

É un acordo preliminar da Comisión, o Parlamento e o Consello Europeo

G24.gal 27/10/2022 21:39

Os negociadores do Parlamento Europeo, a Comisión Europea e mais o Consello Europeo, formado polos Estados membros, alcanzaron este xoves un acordo preliminar para prohibir a venda de coches e furgonetas novas con motor de combustión a partir de 2035.

"Á espera dunha adopción formal, os lexisladores acordaron o obxectivo de redución de emisións de CO₂ do 55 % para automóbiles novos e do 50 % para furgonetas novas para 2030 en comparación cos niveis de 2021" e "do 100 % para turismos e furgonetas novos para 2035", informou o Consello Europeo nun comunicado.

É a primeira parte lexislativa do paquete Fit for 55 para descarbonizar a UE en 2050 que se aproba. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade