Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acordo pechado entre o Celta e o Woverhampton por Strand Larsen

Acordo pechado entre o Celta e o Woverhampton por Strand Larsen

O equipo vigués ingresará 30 millóns de euros cunha cesión o primeiro ano e compra obrigatoria o segundo

G24.gal 29/06/2024 09:01

O Celta e o Wolverhampton chegaron a un acordo para a fichaxe de Strand Larsen. O xogador noruegués estará na Premier a vindeira temporada e o Celta percibirá uns 30 millóns de euros. A fórmula acordada é de cesión con compra obrigatoria para a vindeira temporada. 

Larsen chegou a Vigo procedente do Groningen dos Países Baixos por uns doce millóns de euros. Tiña 22 anos e viña de marcar 14 goles. O primeiro ano amosou a súa calidade pero faltoulle pegada -só anotou 4 goles-. A súa explosión produciuse nesta campaña na que volveu a ser indiscutible e acabou cunhas cifras moi importantes -14 goles-.

O Celta ten ben cuberta a posición de dianteiro coa presenza de Douvikas e o substituto de Larsen tamén está garantido. Unha vez se faga oficial o traspaso acelerarase a contratación de Borja Iglesias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar