Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lorenzana preséntalles aos axentes sociais os plans directores do naval e da automoción

Lorenzana preséntalles aos axentes sociais os plans directores do naval e da automoción

Patronal e sindicatos disporán do verán para facer achegas 

A conselleira de Economía dixo que a previsión é que os dous estean aprobados no último trimestre

G24.gal 01/07/2024 21:05 Última actualización 01/07/2024 21:20

Reunión da conselleira de Economía cos axentes sociais. No encontro, Lorenzana presentoulles os borradores dos plans directores do naval e da automoción e que se centran en asegurar a competitivade e nas necesidades de formación que teñen os dous sectores para os próximos anos.

Recibidos os documentos, a patronal e os sindicatos teñen  todo o verán para estudalos e facer achegas.

A previsión da conselleira de Economía é que os dous plans directores estean aprobados no último trimestre do ano.

"Os plans directores están centrados nas necesidades de investimento e de competitividade que teñen os dous sectores. No caso da automoción é a necesidade de adaptarse á electrificación e no caso do naval é continuar traballando na internacionalización, na diversificación que tan importante é para a supervivencia do sector. Teñen puntos en común moi relevante para a industrial en Galicia como é o talento, a necesidade de formación de persoas", asegurou María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade