Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activado un aviso laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Activado un aviso laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Durante a xornada espérase vento de ata 74 quilómetros por hora

G24.gal 03/01/2024 10:06

A Dirección Xeral de Emerxencias activou este mércores unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo, segundo informou a Xunta.

A pesar de que a previsión onte deixaba só en nivel laranxa unha área da Coruña, hoxe estendeuse tamén ao noroeste e oeste da provincia coruñesa e á zona da Mariña lucense.

No resto de Galicia están previstos tamén forte vento de ata 60 quilómetros por hora vinculados ao paso dunha borrasca, que queda en nivel amarelo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade